12 octubre 2006

A FESTA DA FRAGA

Hoxe, a historia vai de cousas que fai meses decidín non publicar porque pensei que non aportaban nada, pero que agora, aínda sen pensar que o aporten, publico pola necesidade de publicar algo. Non falo de necesidades como as que pasou Dostoievski, que o levaron a escribir a reo para un periodico para ter cartos cos que vivir... (este é un guiño ó meu bon amigo Dani que tantos libros me ten deixado, pero non vai diso o tema) senon necesidades persoais, porque de verdade que me custa ver sempre o mesmo neste espazo nos periodos nos que "atraveso crises literarias"....
Vamos logo a meternos no allo:
Hai unha festa en Galicia..... e vaia festa!! Dase todolos verans no concello das Pontes de García Rodriguez, coñecido entre outras cousas pola sua monstrosa mina de lignito pardo e a sua descomunal central térmica (competencia da miña querida Meirama da que se cadra falo algún día). Mirade se dita central está integrada na vida local que ata a cheminea é un dos simbolos que aparecen representados no escudo do concello. Voltemos á festa: confeso moi ó meu pesar que pese a ter oido falar marabillas (si, está ben con "b") dela, nunca me chamou a atención ir ate alí. Grave erro. Sen dúbida perdín moitos anos de asistencia a unha das mellores festas populares da rexión. Unha magoa, malia que aínda me poida resarcir non faltando nunca máis.
A festa en si dura varios días, con concertos e demaís, pero voume centrar no maís importante: A "sesión vermú". Para os non versados na materia explicarei que a sesión vermú e un pase que fan as orquestras a iso das duas da tarde e que xurdiu para amenizar as saidas de misa nas festas patronais. Pero aqui non vai conto de misas nin caralladas. A sesión vermú da que falo tamén se chama: "A festa dos borrachos", e consiste niso, nunha chea de xente que chega ao campo da festa coa resaca da noite anterior e que vai a encherse de novo e a botarse o viño por riba, enzoufarse na lama etc etc etc.... moi pintoresco, tamen pola actuación dos bombeiros, que chiringan a todo o mundo coas mangueiras e amenizado pola orquestra, aínda que polo que teño entendido cada vez queren ir menos polos danos colaterais que sofren...
Falarei primeiro do lugar. Trátase dunha fraga a carón dun rio onde a xente vai a lavarse despois da "vermú", na que se acampa, e ás veces, a xente do concello monta cabanas que son verdadeiras obras de enxeñería a partir de troncos de piñeiros e eucalipto chegando moitas delas nun alarde de medios a teren dous pisos!!! Acojonante, permitideme a expresión. Nelas hai dende planta "house" y planta "dance" ou terracita, ata francotiradores agardando coas suas metralletas "de viño" que non de auga
A xente pola sua banda soe ir ben equipada, sulfatadoras, caldeiros, pistolas de auga cheas as máis das veces non con auga.... para chiringar ó que este ó lado. E este último é un dos puntos clave: podes mollar, enlamar, empurrar a quen queiras que a ninguén lle vai parecer mal, porque a xente sabe o que hai, van porque queren e porque é incriblemente divertido. Aquí vai o que poderiamos considerar ó comando operativo básico: (Ver a primeira foto de riba) Nin que decir ten que a roupa vella é algo imprescindible.
Outro detalle importante é que como en toda festa de borracho hay xente pintoresca. Incriblemente pintoresca. A ver, ¿cantos de vos poderiades atopar a Wally nesta fotografía? (ver segunda foto enriba)
Espero quen non tiverádes ningún problema, porque eu penso que é ben doado.
Con todo, Wally representou un papel moi importante dentro da festa en si: era doadisimo atopar a alguén orientandote a través del." ¿Onde estás?" "Á dereita de Wally" "Á esquerda de Wally"etc etc etc...Era coma unha especie de GPS improvisado.

Vaia coma sempre falo e falo e falo e xa aburro ás moscas. Unha das cousas que pretendo é que os textos sexan rápidos e doados de ler, pero non sempre o consigo, de feito, penso que poucas veces o consigo. Valorarei para rematar o mellor e o peor.
O mellor: a XENTE con maiusculas.
O peor: a falta dun sitio onde comprar un bocata sen que che saquen un ollo ou un ril.
Para rematar só me queda dicir que deixo este video para que vexades o ambiente.
Ate a vindeira.
....................................Mike

4 Comments:

Blogger †Hecate said...

enzoufarse na lama ?

Necesito traducción para esto...

13/10/06 08:19  
Blogger Mike said...

Viene a se algo así como pringarse de barro hasta las orejas...o revolcarse en el barro sin revolcarse literalmente, aunque no se si eso es posible....jajajajaja

13/10/06 13:58  
Blogger GLI said...

jajajjaj

13/10/06 23:59  
Blogger †Hecate said...

jajajjaja, ok, ok, capto la idea...

14/10/06 18:04  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis