13 septiembre 2006

OUTRA LECCIÓN DE HISTORIA....

Velaquí un claro exemplo de que o de fora só por ser de fora sempre parece mellor. ¿Qué tería pasado se fora inglés, americano ou alemán? De seguro estaríamos cheos de ver os seus recopilatorios nos teletendas da madrugada, pero por desgraza saíu español e iso é case que garantía de fracaso para calquera artista, por máis que coma no seu caso sexa un adiantado ó seu tempo. Malia que poida parecer polémico e haxa para gustos, ¿Ten algo que envexar a sua estética estrafalaria e algo circense á do vanagloriado Depeche Mode?, ¿É Eloise peor musicalmente e está menos traballada que calquera dos Pet Shop Boys?, ¿Semella menos "mariquita" que calquera dos de Bananarama? Non, non e non, e en canto ó da estética, era máis ben o sino de identidade que marcou unha xeración falando sempre dende o punto de vista musical. ¿Non vestes nunca a Pedro Almodovar nos seus anos de cantante "loca" da vida? Ou Alaska sen ir maís lonxe...
Era eu moi novo cando anunciaron a sua morte nun tráxico accidente de tráfico. Xogaba no chan do salón e na tele (aínda non había Antena3 nin Telecinco nin privada ningunha) botaban un programa de sobremesa da Maritere (María Teresa Campos), pero con todo quedoume grabado a ferro. Se fora calquera outra persoa xa o habería esquencido cinco minutos máis tarde, pero aquelo non, non sei porque. Unha magoa, gustaríame podelo ver agora e saber a onde tería derivado a sua música. Falo por suposto de Tino Casal. Así remato hoxe. Un saudo!
...........................................Mike

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Grande Mike! ben por rescatar da nosa memoria colectiva grandes xoias coma ista. A verdade e q se alguen compara as letras de tino casal coas de bisbal ou bustamante,carlos baute ou outros q suponse grandes artistas(lease alex ubago,a orella de van gogh,etc)coido q son máis elaboradas as do primeiro,aínda q iso si,tino casal non pode facer nada se o asemellamos coa version q posúo de embruxada feita por enrique del pozo,abofé!!!

13/9/06 01:43  
Blogger Kuato said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

13/9/06 13:08  
Blogger Kuato said...

Por favor, haz todo lo posible para que esa versión de Enriquito llegue hasta nosotros.
Reconozco que es mi artista favorito.

13/9/06 13:10  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis