MIKE O MARINO


Houbo un tempo no que os homes loitaban no mar contra tempestades e bestas monstrosas. Homes feitos no mar, homes que non saberían concebila vida sen mar, que viviron e viven na noite lonxe da terra, moradores incondicionais de tascas e tabernas..... Pero que carallo!!! mirade o tamaño que ten o becho do demo!! Velaquí o tendes! direitamente dende trinta metros de profundidade 2 Kg de autentico orgullo galego!
Caderno de Bitácora:
Pasaban as sete da tarde dunha calurosa e soleada tarde de Septembro. Tras meses de navegación sen levar un rumbo coñecido, os catro mariñeiros do "Faneca Brava I" xa daban todo por perdido. Os rumores de conspiración percorrían os 6 metros da embarcación de proa a popa de maneira sixilosa pero constatable. Case sen reservas de ron e sen noticias dos nosos ben merecidos xornais dende facía moito tempo, pasábamolas horas de sol tumbados na cuberta agardando ver algúnha gaivota que nos amosara o camiño a terra firme. Foi entón cando estolou a revolta. "Rebelión a bordo!!!" gritou o único oficial da tripulación, pero evidentemente ninguén acudíu no seu auxilio. A marinería asumía deste xeito o control da nave.
Cumpría agora tomar a decisión de que facer co noso prisioneiro, e foi doado. Á xente de mar non lle extranará o que vos vou contar: por clamor popular decidemos pasar ó capitán pola quilla, pero dadalas dimensións do noso bote tivemolo que facer 3 veces. Tras daquilo ficaría encerrado e cos grilletes postos nas bodegas do galeón ata chegar a terra, onde a raiña había de por a sua xustiza divina na procura dos nosos dereitos.
Foi entón cando se desencadeou a traxedia. Os mariñeiros rebeldes ficaban afanados na preparación das cordas cas que someter ó capitán a tortura, cando un violento golpe estremeceu o casco e a tranquilidade do mar. Ninguen sabía ben que fora aquilo, pero abofé que tiña que ser algo horrible. Pouco despois, sen ter aínda tempo de buscarlle unha explicación ó suceso, comezou a xurdir da auga un incríble e descomunal monstro marino de oito patas cunhas pinzas terroríficas capaces de arrincarlle o corazón a un home antes de darlle tempo a morrer. Semellaba imposible dominar a aquela besta da natureza. Tres homes non eran abondo, polo que decidemos liberar o noso retén baixo a promesa de cumplir cas suas obrigas de levarnos de volta á casa e pagarnos 12 pezas de ouro e 7 de prata a cada un. Así as cousas e tras varias andanadas dos canóns, toda a marinería botouse a auga con coitelos entre os dentes e tras longas horas de loita acadaron a victoria.
Disque conta unha lenda que o tal monstro tiña a panza chea de ouro, pero o único certo e que só quedaron estas duas fotos para demostrar esta tan incríble fazaña.
(Durante a edición de este blog ningún animal resultou ferido ou maltratado por feo que for).
Nota acerca do ciclo biolóxico das especies: Esta centola das imaxes resultou estar baleira. Iso é que ten pouco ou nada que comer no seu interior. ¿Cómo se sabe tal cousa? pois se lle premes as unllas das patas estas dobran coma o plástico, e por tal razón o animal voltou ó fondo mariño para que coma e se encha e cun pouco de sorte voltar a loitar con ela máis cerca do Nadal.
Ó meu curmán Xoan Manuel.
............................................Mike


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home