07 septiembre 2006

AINDA SE VEN HOXE














Quixen atopar unha foto que vin este verán no xornal, pero non fun capaz. Era dunha vella que choraba porque as lapas estaban chegando á porta da sua casa. Canta impotencia reflectida naquela imaxe; ¿podedes imaxinar que da noite á mañá tedes que deixar a vosa casa, onde tendes vivido toda a vida e tamén o fixeron os vosos antepasados, que é o berce de todolos vosos recordos e tamén universo finito e ás veces infinito para calquera que foi duas veces á "ciudá" cando era novo e non voltou a sair de alí? Qué duro ten que ser. Ningún de nos o pode comprender, xa ninguén leva ese tipo de vida na que todo ó que necesitas está ó teu carón, e se non ó está, non o coñeces porque non o necesitas.
Cando se dan cousas coma as deste verán ata xustificas os linchamentos. Non ó tomedes ó pé da letra, pero si que chegas a sentir ira, odio e rabia. ¿Cantos viaxes fixen este verán a Ferrol vendo columnas de fume por todas partes? Un lote deles, incluso lembro unha tarde que vín tres ó fronte, unha á dereita e cando quixen desfacerme daquela visión tan horrible mirando polo espello retrovisor alí había outra.
¿Cal é a solución? Quen o sabe. Dende logo non é tirarse os trastos á cabeza como adoitan facer ós políticos (algúns máis que outros). ¿Crise xestionada polo PSOE? ¿Crise xestionada polo PP? Non, crise xestionada por "Paco" o da foto que foi co caldeiro cheo de auga e por "Manolo" que foi a atizarlle ó lume cunha pola que atopou no camiño. Como tanta e tanta outra xente e como tantas e tantas outras veces.

A todolos heroes anónimos.
..................................................Mike

PD: ahí vos queda un xogo para que practiquedes.

http://www.minijuegos.com/juegos/jugar.php?id=3743

2 Comments:

Blogger †Hecate said...

Mike, poco a poco he aprendido a disfrutar de tus escritos y reconozco que el tuyo es el primer blog que consulto a diario.
Gracias por el testimonio.

8/9/06 21:54  
Blogger Mike said...

Moitísimas grazas Hecate! Xa vos dixen un día que con comentarios coma este dan ganas de escribir cousas novas todolos días! Un saudo!

9/9/06 02:57  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis